luns, 5 de xuño de 2017

Ola de novo!

A mediados do mes de maio, os nosos compañeiros de Erasmus foron a Alemaña e explicaron cun video que compartimos con vós que é a mediación

mércores, 31 de maio de 2017

Ola de novo!

O mércores 5 de abril o equipo de mediación tivo unha nova reunión para reflexionar sobre a convivencia no centro e facer práticas de mediación. No mes de xuño teremos a reunión final de curso e serán propostos novos candidatos/-as a mediadores/-as.
Ademais, os compañeiros que foron co programa Erasmus a Alemaña presentaron a mediación aos países participantes explicando nun vídeo que é esto da mediación.

mércores, 22 de febreiro de 2017


No curso 2016-2017, seguiremos levando a cabo a Mediación Escolar no noso Centro.


¿Que é a Mediación Escolar?
A Mediación Escolar é un proceso estruturado de resolución pacífica de conflitos no que as persoas enfrontadas reúnense en presenza de dous mediadores ou mediadoras e, por medio do diálogo, buscan saídas ao problema conxuntamente.
A Mediación ten as seguintes características:
É voluntaria.
É confidencial.
Os acordos e as decisións tómanas libre e responsablemente os protagonistas do conflito.

Casos non susceptibles de Mediación:
A Mediación non está indicada nas infraccións graves, neste caso aplícanse as sancións establecidas no RRI. Por exemplo, nos casos graves de acoso escolar.

Cal é o rol do Mediador/Mediadora?
Os mediadores ou mediadoras traballan activamente para acoller aos protagonistas do conflito e tratar de que se comuniquen entre eles para que poidan atopar unha solución.

O Mediador/Mediadora:
Non xulga, non impón sancións, non aconsella e non dá solucións.
Mantén a confidencialidade.
Vela para que o acordo sexa equitativo.
Recolle os acordos.

¿Quen pode ser Mediador/a?
Calquera membro da comunidade educativa pode formar parte da rede de Mediadores/Mediadoras.
Agora ben, a práctica da Mediación require formación e compromiso persoal.


¿Que hai que facer para ser Mediador/a?
Tes que asistir ao curso de formación de Mediación Escolar onde aprenderás estratexias para axudar aos compañeiros/as e a outras persoas do Centro a afrontar os conflitos dialogando e facendo pactos.
Tes que formar parte do Equipo de Mediación.
Tes que mediar nos conflitos que che sexan asignados.

Na formación de Mediación Escolar desenvolveranse habilidades e actitudes para afrontar os conflitos.

As persoas Mediadoras teñen que potenciar as súas propias capacidades en relación á:
Dinámica dos conflitos.
Expresión de emocións e sentimentos.
Ferramentas de comunicación.
Ferramentas de cooperación.
Pensamiento creativo.
Toma de decisións.
Cultura pacífica.

¿Que beneficios aporta a Mediación?
A Mediación proporciona unha saída construtiva aos conflitos diarios e, ademais, favorece:
O crecemento persoal.
A mellora do clima social do centro.
O aproveitamento das actividades de ensinanza e aprendizaxe.
A innovación da cultura do Centro.
A participación activa e responsable.
O traballo en equipo de diferentes sectores da comunidade educativa.
A cohesión nun mundo diverso.
O cultivo activo da paz.
En definitiva, esta formación contribuirá positivamente ao noso crecemento persoal e a mellora da Convivencia en xeral do Centro.

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Os días 23 e 24 de setembro fomos ao albergue O Coto de Arbo para facer a formación dos mediadores e mediadoras. Realizamos tamén actividades de tempo libre, como un roteiro de sendeirismo ou bañarnos no río. Pasámolo moi ben e a nosa experiencia. Presentámosvos algunhas fotos:














 
O día 22  de decembro ás 10:20 horas e ata as 11:20 horas o equipo de mediación 
reuniuse na aula de desdobre co obxecto de realizar algún exercicio de dramatización
dunha mediación. Participaron todos os alumnos e alumnas que son mediadores e o
resultado foi positivo porque con esta actividade, aparte de permanecer en contacto
entre os mediadores e reflexionar sobre a convivencia no centro (os mediadores son
observadores/-as da convivencia), poñen prática as súas aprendizaxes e fan unha
formación continua. 

mércores, 9 de novembro de 2016

 Ola! Benvidos ao blogue de mediación e convivencia do CPI Santa Lucía de Moraña.

O equipo de mediación leva funcionando xa seis cursos e estamos moi contentos cos nosos mediadores!


A mediación é unha técnica de solución de conflitos na que as partes chegan a un acordo e ninguén gaña nin perde.

O conflito é inherente á convivencia, e non temos porque consideralo algo negativo, senón un punto de partida para o cambio, ou,c omo di Torrego:

"Un conflito é un proceso no que dúas ou máis partes entran en oposición ou desacordo porque as súas posicións, intereses, necesidades, desexos ou valores, son incompatibles ou son percibidos como incompatibles e onde as emocións e os sentimentos xogan un papel importante".