mércores, 22 de febreiro de 2017


No curso 2016-2017, seguiremos levando a cabo a Mediación Escolar no noso Centro.


¿Que é a Mediación Escolar?
A Mediación Escolar é un proceso estruturado de resolución pacífica de conflitos no que as persoas enfrontadas reúnense en presenza de dous mediadores ou mediadoras e, por medio do diálogo, buscan saídas ao problema conxuntamente.
A Mediación ten as seguintes características:
• É voluntaria.
• É confidencial.
• Os acordos e as decisións tómanas libre e responsablemente os protagonistas do conflito.

Casos non susceptibles de Mediación:
A Mediación non está indicada nas infraccións graves, neste caso aplícanse as sancións establecidas no RRI. Por exemplo, nos casos graves de acoso escolar.

Cal é o rol do Mediador/Mediadora?
Os mediadores ou mediadoras traballan activamente para acoller aos protagonistas do conflito e tratar de que se comuniquen entre eles para que poidan atopar unha solución.

O Mediador/Mediadora:
• Non xulga, non impón sancións, non aconsella e non dá solucións.
• Mantén a confidencialidade.
• Vela para que o acordo sexa equitativo.
• Recolle os acordos.

¿Quen pode ser Mediador/a?
Calquera membro da comunidade educativa pode formar parte da rede de Mediadores/Mediadoras.
Agora ben, a práctica da Mediación require formación e compromiso persoal.


¿Que hai que facer para ser Mediador/a?
• Tes que asistir ao curso de formación de Mediación Escolar onde aprenderás estratexias para axudar aos compañeiros/as e a outras persoas do Centro a afrontar os conflitos dialogando e facendo pactos.
• Tes que formar parte do Equipo de Mediación.
• Tes que mediar nos conflitos que che sexan asignados.

Na formación de Mediación Escolar desenvolveranse habilidades e actitudes para afrontar os conflitos.

As persoas Mediadoras teñen que potenciar as súas propias capacidades en relación á:
• Dinámica dos conflitos.
• Expresión de emocións e sentimentos.
• Ferramentas de comunicación.
• Ferramentas de cooperación.
• Pensamiento creativo.
• Toma de decisións.
• Cultura pacífica.

¿Que beneficios aporta a Mediación?
A Mediación proporciona unha saída construtiva aos conflitos diarios e, ademais, favorece:
• O crecemento persoal.
• A mellora do clima social do centro.
• O aproveitamento das actividades de ensinanza e aprendizaxe.
• A innovación da cultura do Centro.
• A participación activa e responsable.
• O traballo en equipo de diferentes sectores da comunidade educativa.
• A cohesión nun mundo diverso.
• O cultivo activo da paz.
En definitiva, esta formación contribuirá positivamente ao noso crecemento persoal e a mellora da Convivencia en xeral do Centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario