luns, 5 de xuño de 2017
mércores, 31 de maio de 2017
Ola de novo!
O mércores 5 de abril o equipo de mediación tivo unha nova reunión para reflexionar sobre a convivencia no centro e facer práticas de mediación. No mes de xuño teremos a reunión final de curso e serán propostos novos candidatos/-as a mediadores/-as.
Ademais, os compañeiros que foron co programa Erasmus a Alemaña presentaron a mediación aos países participantes explicando nun vídeo que é esto da mediación.
O mércores 5 de abril o equipo de mediación tivo unha nova reunión para reflexionar sobre a convivencia no centro e facer práticas de mediación. No mes de xuño teremos a reunión final de curso e serán propostos novos candidatos/-as a mediadores/-as.
Ademais, os compañeiros que foron co programa Erasmus a Alemaña presentaron a mediación aos países participantes explicando nun vídeo que é esto da mediación.
mércores, 22 de febreiro de 2017
No curso 2016-2017,
seguiremos levando a cabo a Mediación Escolar no noso Centro.
¿Que
é a Mediación Escolar?
A
Mediación Escolar é un proceso estruturado de resolución pacífica
de conflitos no que as persoas enfrontadas reúnense en presenza de
dous mediadores ou mediadoras e, por medio do diálogo, buscan saídas
ao problema conxuntamente.
A
Mediación ten as seguintes características:
• É
voluntaria.
• É
confidencial.
• Os
acordos e as decisións tómanas libre e responsablemente os
protagonistas do conflito.
Casos
non susceptibles de Mediación:
A
Mediación non está indicada nas infraccións graves, neste caso
aplícanse as sancións establecidas no RRI. Por exemplo, nos casos
graves de acoso escolar.
Cal
é o rol do Mediador/Mediadora?
Os
mediadores ou mediadoras traballan activamente para acoller aos
protagonistas do conflito e tratar de que se comuniquen entre eles
para que poidan atopar unha solución.
O
Mediador/Mediadora:
• Non
xulga, non impón sancións, non aconsella e non dá solucións.
• Mantén
a confidencialidade.
• Vela
para que o acordo sexa equitativo.
• Recolle
os acordos.
¿Quen
pode ser Mediador/a?
Calquera
membro da comunidade educativa pode formar parte da rede de
Mediadores/Mediadoras.
Agora
ben, a práctica da Mediación require formación e compromiso
persoal.
¿Que
hai que facer para ser Mediador/a?
• Tes
que asistir ao curso de formación de Mediación Escolar onde
aprenderás estratexias para axudar aos compañeiros/as e a outras
persoas do Centro a afrontar os conflitos dialogando e facendo
pactos.
• Tes
que formar parte do Equipo de Mediación.
• Tes
que mediar nos conflitos que che sexan asignados.
Na
formación de Mediación Escolar desenvolveranse habilidades e
actitudes para afrontar os conflitos.
As
persoas Mediadoras teñen que potenciar as súas propias capacidades
en relación á:
• Dinámica
dos conflitos.
• Expresión
de emocións e sentimentos.
• Ferramentas
de comunicación.
• Ferramentas
de cooperación.
• Pensamiento
creativo.
• Toma
de decisións.
• Cultura
pacífica.
¿Que
beneficios aporta a Mediación?
A
Mediación proporciona unha saída construtiva aos conflitos diarios
e, ademais, favorece:
• O
crecemento persoal.
• A
mellora do clima social do centro.
• O
aproveitamento das actividades de ensinanza e aprendizaxe.
• A
innovación da cultura do Centro.
• A
participación activa e responsable.
• O
traballo en equipo de diferentes sectores da comunidade educativa.
• A
cohesión nun mundo diverso.
• O
cultivo activo da paz.
En
definitiva, esta formación contribuirá positivamente ao noso
crecemento persoal e a mellora da Convivencia en xeral do Centro.
mércores, 11 de xaneiro de 2017
O día 22 de decembro ás 10:20 horas e ata as 11:20 horas o equipo de mediación
reuniuse na aula de desdobre co obxecto de realizar algún exercicio de dramatización
dunha mediación. Participaron todos os alumnos e alumnas que son mediadores e o
resultado foi positivo porque con esta actividade, aparte de permanecer en contacto
entre os mediadores e reflexionar sobre a convivencia no centro (os mediadores son
observadores/-as da convivencia), poñen prática as súas aprendizaxes e fan unha
formación continua.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)