mércores, 22 de febreiro de 2017


No curso 2016-2017, seguiremos levando a cabo a Mediación Escolar no noso Centro.


¿Que é a Mediación Escolar?
A Mediación Escolar é un proceso estruturado de resolución pacífica de conflitos no que as persoas enfrontadas reúnense en presenza de dous mediadores ou mediadoras e, por medio do diálogo, buscan saídas ao problema conxuntamente.
A Mediación ten as seguintes características:
É voluntaria.
É confidencial.
Os acordos e as decisións tómanas libre e responsablemente os protagonistas do conflito.

Casos non susceptibles de Mediación:
A Mediación non está indicada nas infraccións graves, neste caso aplícanse as sancións establecidas no RRI. Por exemplo, nos casos graves de acoso escolar.

Cal é o rol do Mediador/Mediadora?
Os mediadores ou mediadoras traballan activamente para acoller aos protagonistas do conflito e tratar de que se comuniquen entre eles para que poidan atopar unha solución.

O Mediador/Mediadora:
Non xulga, non impón sancións, non aconsella e non dá solucións.
Mantén a confidencialidade.
Vela para que o acordo sexa equitativo.
Recolle os acordos.

¿Quen pode ser Mediador/a?
Calquera membro da comunidade educativa pode formar parte da rede de Mediadores/Mediadoras.
Agora ben, a práctica da Mediación require formación e compromiso persoal.


¿Que hai que facer para ser Mediador/a?
Tes que asistir ao curso de formación de Mediación Escolar onde aprenderás estratexias para axudar aos compañeiros/as e a outras persoas do Centro a afrontar os conflitos dialogando e facendo pactos.
Tes que formar parte do Equipo de Mediación.
Tes que mediar nos conflitos que che sexan asignados.

Na formación de Mediación Escolar desenvolveranse habilidades e actitudes para afrontar os conflitos.

As persoas Mediadoras teñen que potenciar as súas propias capacidades en relación á:
Dinámica dos conflitos.
Expresión de emocións e sentimentos.
Ferramentas de comunicación.
Ferramentas de cooperación.
Pensamiento creativo.
Toma de decisións.
Cultura pacífica.

¿Que beneficios aporta a Mediación?
A Mediación proporciona unha saída construtiva aos conflitos diarios e, ademais, favorece:
O crecemento persoal.
A mellora do clima social do centro.
O aproveitamento das actividades de ensinanza e aprendizaxe.
A innovación da cultura do Centro.
A participación activa e responsable.
O traballo en equipo de diferentes sectores da comunidade educativa.
A cohesión nun mundo diverso.
O cultivo activo da paz.
En definitiva, esta formación contribuirá positivamente ao noso crecemento persoal e a mellora da Convivencia en xeral do Centro.